Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > "O Teu Xacobeo" programa para este sábado 19 de Decembro unha xornada de promoción da Vía da Prata en Cea, con relatorios, música, visitas e degustación gastronómica.

15, Decembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde de Cea, José Luis Valladares, e Alejandro Rubín en representación da Órden do Camiño de Santiago, presentaron a programación de actividades que desenvolveránse en Cea este próximo sábado 19 de Decembro, dedicada á promoción da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, unha iniciativa enmarcada no programa " O Teu Xacobeo" cofinanciado por Turismo de Galicia.

A xornada celebraráse no centro multiusos de San Cristovo de Cea e contará con tres conferencias. A primeira delas estará a cargo de José Luis Rodríguez Cid, que falará da Vía da Prata, a segunda abordará aspéctos medioambientais, que impartirá Bruno del Llano. E o terceiro relatorio será o de Jesús Francisco Ares, que fará un repaso histórico polas etapas e a evolución dos camiños de Santiago como ruta cultural europea.

Para a apertura, ás 11:30 horas actuará o grupo musical "Feitizo de Pau" e ás 13:00 horas, antes dunha degustación de productos locais, actuará a cantante galega Lucía Pérez. Ademáis, haberá visitas a un forno do Pan de Cea e o Mosteiro de Oseira.

A inscripción, gratuíta, faráse enviando un correo electrónico á dirección: secretaria@ordendelcaminodesantiago.es [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-teu-xacobeo-programa-para-este-sabado-19-de-decembro-unha-xornada-de-promocion-da-da-prata

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-teu-xacobeo-programa-para-este-sabado-19-de-decembro-unha-xornada-de-promocion-da-da-prata [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-teu-xacobeo-programa-para-este-sabado-19-de-decembro-unha-xornada-de-promocion-da-da-prata [3] whatsapp://send?text= [4] http://copecarballino.es/print/54980 [5] mailto:secretaria@ordendelcaminodesantiago.es