Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Cine en Leiro e O Carballiño, música e xornada xacobea en Cea, mercado de nadal en Maside, e arte en Boborás, na axenda da fin de semana.

18, Decembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Unha fin de semana de tempo inestable e temperaturas diurnas con máximas no entorno dos 12 graos, e con diversidade de actividades, algunas delas ao aire libre.

Cine en O Carballiño e Leiro

O Cine-Club proxecta este domingo ás 19:00 horas no auditorio a película galega "Lúa Vermella", a última obra de Lois Patiño. No Novocine de Leiro cine de estrea coa película española "Hasta el Cielo", co galego Luis Tosar no reparto, en sesións -sábado e domingo- ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

A cantante Lucía Pérez e Feitizo de Pau en Cea

O centro multiusos de San Cristovo de Cea acolle este sábado unha xornada de promoción da Vía da Prata-Camiño Mozárabe, que abrirá o grupo de música tradicional Feitizo de Pau ás 11:30 horas. Despois terán lugar tres relatorios sobre diversos aspéctos do Camiño Xacobeo, para dar paso seguidamente a actuación da eurovisiva  Lucía Pérez, antes dunha degustación de productos locais. A xornada concluirá cunha visita a un forno de Cea e o mosteiro de Oseira.

Mercado Navideño en Maside

Con postos de artesanía, productos locais, ou reposteiría, que se ubicarán baixo unha carpa, en horario de 11:00 a 18:00 horas do domingo na Alameda de Maside. Haberá sorteos entre o público asistente e antes de finalizar o mercado, á media tarde, fará acto de presenza Papá Noel.

Visita guiada en Boborás

O domingo ás 10:30 horas os participantes están convocados a reunirse na Igrexa de San Martiño de Camexia (Na foto), onde comezará a visita guiada. Tras coñecer esta xoia do románico, os participantes achegaránse ata o Castro de Cameixa, e finalmente visitarán  a "Casa da Gafa", en Laxas. Margarita Estévez -guía turística- e Jorge Lamas -arqueólogo- guiarán esta cita coa arte e  a arqueoloxía.

Sáude e boa fin de semana !

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cine-en-leiro-e-o-carballino-musica-e-xornada-xacobea-en-cea-mercado-de-nadal-en-maside-e-arte

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cine-en-leiro-e-o-carballino-musica-e-xornada-xacobea-en-cea-mercado-de-nadal-en-maside-e-arte [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cine-en-leiro-e-o-carballino-musica-e-xornada-xacobea-en-cea-mercado-de-nadal-en-maside-e-arte [3] whatsapp://send?text=Cine en Leiro e O Carballiño, música e xornada xacobea en Cea, mercado de nadal en Maside, e arte en Boborás, na axenda da fin de semana. http://copecarballino.es/novas/cine-en-leiro-e-o-carballino-musica-e-xornada-xacobea-en-cea-mercado-de-nadal-en-maside-e-arte [4] http://copecarballino.es/print/55004