Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño entra no máximo nivel de restriccións: Peche perimetral do municipio e a hostelería tan so poderá atender en terraza ata as seis a tarde

13, Xaneiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As novas medidas acordadas pola Xunta para conter a progagación do coronaviurus incluiron a O Carballliño no grupo de municipios que pasan a ter as restriccións de máximo nivel, o que implica mobilidade restrinxida co peche perimetral do municipio carballiñés, no que non se pode entrar nin sair, agás para casos xustificados por motivos laborais, educativos ou sanitarios.

A outra medida con máis repercusión é a que afecta á hostelería, tan so poderá atender en terraza cun aforo máximo do 50% e con peche ás seis da tarde. As medidas entran en vigor ás 00:00 horas deste venres 15 de Xaneiro.

Todos os demáís concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballliño figuran no segundo nivel de restriccións, polo que non terán mobilidade restrinxida, pódese entrar ou sair do municipio, e no caso da hostelería poderá atender tamén no interior dos locais, cunha ocupación do 30%, aínda que tamén deberá pechar ás seis da tarde.

O Toque de queda en toda Galicia adiántase ás 22 horas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-no-maximo-nivel-de-restriccions-peche-perimetral-do-municipio-e-hosteleria

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-no-maximo-nivel-de-restriccions-peche-perimetral-do-municipio-e-hosteleria [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-no-maximo-nivel-de-restriccions-peche-perimetral-do-municipio-e-hosteleria [3] whatsapp://send?text=O Carballiño entra no máximo nivel de restriccións: Peche perimetral do municipio e a hostelería tan so poderá atender en terraza ata as seis a tarde http://copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-no-maximo-nivel-de-restriccions-peche-perimetral-do-municipio-e-hosteleria [4] http://copecarballino.es/print/55217