Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas denuncian a "desidia" do concello de Leiro ante a problemática das placas de xeo

13, Xaneiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Leiro é coñecido polas súas altas temperaturas, sobre todo na época de verán, pero estes dias veu rexistrando mínimas de ata 6 graos baixo cero, provocando as consabidas pracas de xeo que se convirten nun problema nalgunhos camiños da rede viaria municipal, e tanto para a circulación de vehículos como para peóns.

A Agrupación Socialista de Leiro ven de denunciar públicamente "a desidia do goberno municipal", e como exemplo da situación de perigo consecuencia das xeadas destes dias pon o lugar de Cubilledo, na parroquia de Gomariz, cunha imponente praca de xeo como pode apreciarse na fotografía, asegurando que "na noie deste mércores un vehículo quedou atascado e tivemos que chamar ao 112 para que viñenan a socorrelo, dada a deixadez de funcións dos gobernantes de Leiro, que andan a outras cousas menos o que teñen que andar", remarcan.

Os socialistas piden "medidas urxentes" e recordan que o portavoz municipal Manuel Rodríguez xa advertíu reiteradamente ao alcalde de Leiro de que "se non se tomaban medidas logo chegarían as consecuencias, como agora se confirma, subliñan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-denuncian-desidia-do-concello-de-leiro-ante-problematica-das-placas-de-xeo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-denuncian-desidia-do-concello-de-leiro-ante-problematica-das-placas-de-xeo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-denuncian-desidia-do-concello-de-leiro-ante-problematica-das-placas-de-xeo [3] whatsapp://send?text=Os socialistas denuncian a [4] http://copecarballino.es/print/55226