Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 20 de Xaneiro: O Carballliño (+7) chega aos 58 contaxios activos, e Leiro (+7) alcanza os 42. Piñor, Beariz, San Amaro e Avión continúan libres de virus.

20, Xaneiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño rexistra 55 novos contaxios nos últimos 14 dias, con esta incidencia acumulada chega hoxe aos 58 contaxios activos de coronavirus, a cifra máis alta desta terceira onda da pandemia.

Tamén incrementa un caso hoxe o concello de Maside, que alcanza os 8 contaxios activos. San Cristovo de Cea continúa con 9 casos, con 2 Boborás e O Irixo e con 1 Punxín. Resisten con cero casos os municipios de Beariz, Piñor e San Amaro.

Leiro e Avión 

O concello de Leiro chega hoxe aos 42 contaxios activos, cun incremento de 7 casos nas últimas 24 horas, aínda a maioria das persoas enfermas pertencen a un mesmo foco localizado na Residencia de Maiores da localidade

Na comarca do Ribeiro, o único concello que resiste con cero contaxios é o de Avión, que leva varias semanas sen rexistrar casos de coronavirus.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/20-de-xaneiro-o-carballlino-7-chega-aos-58-contaxios-activos-e-leiro-7-alcanza-os-42-pinor

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/20-de-xaneiro-o-carballlino-7-chega-aos-58-contaxios-activos-e-leiro-7-alcanza-os-42-pinor [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/20-de-xaneiro-o-carballlino-7-chega-aos-58-contaxios-activos-e-leiro-7-alcanza-os-42-pinor [3] whatsapp://send?text=20 de Xaneiro: O Carballliño (+7) chega aos 58 contaxios activos, e Leiro (+7) alcanza os 42. Piñor, Beariz, San Amaro e Avión continúan libres de virus. http://copecarballino.es/novas/20-de-xaneiro-o-carballlino-7-chega-aos-58-contaxios-activos-e-leiro-7-alcanza-os-42-pinor [4] http://copecarballino.es/print/55373