Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro regresa á competición ante o Choco en Barbantes (Veráse na WEB da TVG) polo mal estado do terreo de xogo de Espiñedo

22, Xaneiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O equipo superou con éxito a cuarentena obrigada polo foco de coronavirus que afectou a 10 integrantes do plantel,  e a practica totalidade dos fútbolístas xa adestraron desde este pasado mércores e coas altas médicas correspondentes o órgano federativo incluíu na xornada deste domingo dia 24, tal como estaba fixado no calendario, o Arenteiro-Choco.

O calamitoso estado no que se encontra o terreo de xogo de Espiñedo motivou que o club pedise o cámbeo de campo, que finalmente aceptou a RFGF tras visitar Espiñedo. Desta maneira, o partido xogaráse dende as 16:15 horas no campo da Regueiriña de Barbantes-Estación, a porta pechada, ante a imposiblidade de cumplir as condicións esixidas polo protocolo anti-Covid.

O Arenteiro chegará a este partido con apenas 4 sesións de adestramento e coa baixa segura de Germán Nóvoa, que cumplirá ciclo de amonestacións. O partido será retransmiitdo en directo pola WEB da TVG.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-competicion-ante-o-choco-en-barbantes-verase-na-web-da-tvg-polo-mal-estado

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-competicion-ante-o-choco-en-barbantes-verase-na-web-da-tvg-polo-mal-estado [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-competicion-ante-o-choco-en-barbantes-verase-na-web-da-tvg-polo-mal-estado [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro regresa á competición ante o Choco en Barbantes (Veráse na WEB da TVG) polo mal estado do terreo de xogo de Espiñedo http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-competicion-ante-o-choco-en-barbantes-verase-na-web-da-tvg-polo-mal-estado [4] http://copecarballino.es/print/55420