Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O coronavirus paraliza a actividade das brigadas municipais de Obras e Medio Ambiente, 25 traballadores en cuarentena

8, Febreiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A confirmación dun caso positivo por coranavirus dun traballador municipal do concello do Carballiño obriga a paralizar a actividade nos departamentos de Obras e Medio Ambiente.

Son 25 os traballadores adscritos a estes dous departamentos e doutros que son contacto estreito, polo que activouse o protocolo sanitario correspondente, están todos eles á espera de someterse as probas PCR e deberán gardar cuarentena durante 10 dias. Tamén unha concelleira con responsabilidades nestas áreas municipais do concello carballiñés.

O alcalde Francisco Fumega confirmou en COPE O Carballiño que a situación obriga a suspender toda a axenda prevista nas concellerías de Obras e Medio Ambiente "polo menos durante dúas semanas",subliñou. O concello leva a cabo traballos de desinfección nas dependencias municipais que utilizan os traballadores afectados.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-coronavirus-paraliza-actividade-das-brigadas-municipais-de-obras-e-medio-ambiente-25

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-coronavirus-paraliza-actividade-das-brigadas-municipais-de-obras-e-medio-ambiente-25 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-coronavirus-paraliza-actividade-das-brigadas-municipais-de-obras-e-medio-ambiente-25 [3] whatsapp://send?text=O coronavirus paraliza a actividade das brigadas municipais de Obras e Medio Ambiente, 25 traballadores en cuarentena http://copecarballino.es/novas/o-coronavirus-paraliza-actividade-das-brigadas-municipais-de-obras-e-medio-ambiente-25 [4] http://copecarballino.es/print/55808