Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O entroido "en modo pausa" reaparece en Maside, as catro comparsas do municipio reciben un agasallo do concello

16, Febreiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Con este acto o concello de Maside celebrado no mediodia deste martes de entroido ás portas do consistorio, a institución municipal quixo recoñecer a gran aportación que cada ano fan estas agrupacións na animación do entroido masidao e mesmo levando o nome de Maside a outros entroidos da comarca e provincia.

Un pequena representación das comparsas "Os Silleiros", "Os Azucarados de Maside", "Os Arrieiriños de Dacón" e "Os Felós" recibiron dos responsables municipais un agasallo en forma de axuda económica por importe de 150 euros a cada unha das catro comparsas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-entroido-en-modo-pausa-reaparece-en-maside-catro-comparsas-do-municipio-reciben-un-agasallo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-entroido-en-modo-pausa-reaparece-en-maside-catro-comparsas-do-municipio-reciben-un-agasallo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-entroido-en-modo-pausa-reaparece-en-maside-catro-comparsas-do-municipio-reciben-un-agasallo [3] whatsapp://send?text=O entroido [4] http://copecarballino.es/print/55971