Desenrolado por coroa.es
A Televisión de Galicia elexíu para a tarde deste sábado dia 20 de Febreiro o partido de terceira división que enfrontará no estadio do Couto a Ourense CF e Arenteiro, será ofrecido íntegramente en aberto pola G2, con inicio marcado para as 17:00 horas.
A afección do Arenteiro e os afeccionados ao fútbol galego en xeral, poderán asi seguir en directo un dos partidos máis atractivos da xornada, xa que non o poderán facer no estadio toda vez que os partidos continúan desputandose a porta pechada, sen público, como ven acontecendo dende o pasado mes de Xaneiro cando se agravou a situación da pandemia.
No plano deportivo, o Arenteiro visita o Couto como líder na clasificación tras gañar ao Alondras en Cangas. O partido deste sábado correspóndese coa xornada 13 e fora adiado debido ao foco de coronavirus que afectara ao equipo a principios de Xaneiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ourense-cf-arenteiro-o-sabado-20-1700-horas-televisado-integro-pola-tvg-2
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ourense-cf-arenteiro-o-sabado-20-1700-horas-televisado-integro-pola-tvg-2
[3] whatsapp://send?text=O Ourense CF-Arenteiro, o sábado 20 ás 17:00 horas televisado íntegro pola TVG-2 http://copecarballino.es/novas/o-ourense-cf-arenteiro-o-sabado-20-1700-horas-televisado-integro-pola-tvg-2
[4] http://copecarballino.es/print/56046