Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 20 de Febreiro: O Carballiño (-6) baixa os contaxios activos ata os 36, tamen restan Cea (-4) Boborás (-3) Maside (-1) Piñor (-1)

20, Febreiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Continúa en boa liña a tendencia á baixa na incidencia do coronavirus, tanto no Carballliño como no conxunto dos concellos da comarca. Nesta actualización de sábado dia 20 de Febreiro, a incidencia acumulada a 14 dias no Carballliño baixa ata os 38 casos, a un paso de situarse xa por debaixo dos 250 casos por cen mil habitantes, o principal parámetro que utiliza o Sergas para determinar o nivel de restricións. Os contaxios activos no municipio carballiñes descenden hoxe ata os 36 casos, son 6 menos que onte.

Tamén se rexistra un notable descenso dos casos activos no concello de Cea (-4) e quédase con outros catro, Boborás (-3) sitúase con 6 e Maside tamén resta un caso para quedarse con 4 persoas con infección activa. Sen cambios en Punxín (5) O Irixo (1) San Amaro (0) Beariz (0) Finalmente, recibe a alta médica a única persoa que estaba pasando pola enfermidade en Piñor, que pasa hoxe a ser concello libre de virus.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/20-de-febreiro-o-carballino-6-baixa-os-contaxios-activos-ata-os-36-tamen-restan-cea-4-boboras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/20-de-febreiro-o-carballino-6-baixa-os-contaxios-activos-ata-os-36-tamen-restan-cea-4-boboras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/20-de-febreiro-o-carballino-6-baixa-os-contaxios-activos-ata-os-36-tamen-restan-cea-4-boboras [3] whatsapp://send?text=20 de Febreiro: O Carballiño (-6) baixa os contaxios activos ata os 36, tamen restan Cea (-4) Boborás (-3) Maside (-1) Piñor (-1) http://copecarballino.es/novas/20-de-febreiro-o-carballino-6-baixa-os-contaxios-activos-ata-os-36-tamen-restan-cea-4-boboras [4] http://copecarballino.es/print/56084