Desenrolado por coroa.es
O núcleo de Beariz leva sen cobertura de telefonía móbil de Movistar desde o pasado mércores 17 de febreiro. Reiteradas chamadas de veciños e autoridades a Movistar reciben atención lenta e respostas vagas pero non se concreta unha resposta con prazo de reparación da suposta avaría.
Este problema cobra maior importancia porque moitos aboados están á espera da chamada para recibir a cita para a vacinación contra a COVID-19. Esta inquedanza vai en aumento cada día que se retrasa a avaría e mentras Movistar segue sen dar unha resposta satisfactoria ás reclamacións de restauración do servizo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/movistar-manten-sen-servizo-ao-nucleo-de-beariz-dende-o-pasado-dia-17-pesar-das-reiteradas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/movistar-manten-sen-servizo-ao-nucleo-de-beariz-dende-o-pasado-dia-17-pesar-das-reiteradas
[3] whatsapp://send?text=Movistar mantén sen servizo ao núcleo de Beariz dende o pasado dia 17, a pesar das reiteradas reclamacións non resolve a avaría http://copecarballino.es/novas/movistar-manten-sen-servizo-ao-nucleo-de-beariz-dende-o-pasado-dia-17-pesar-das-reiteradas
[4] http://copecarballino.es/print/56123