Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño entra nos concellos do nivel 3, autorízase a reapertura da hostelería ata as 6 da tarde e volve a mobilidade entre concellos do mesmo nivel epidemiolóxico. As novas medidas entran en vigor o próximo venres dia 26.

22, Febreiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño sitúa hoxe a incidencia acumulada a 14 dias nos 191 casos por cada cen mil habitantes, ao acumularse 27 novos positivos nos últimos 14 dias no municipio carballiñés. 

A melloría experimentada nos últimos dias vai permitir a O Carballiño entrar no nivel 3 de restricións (Incidencia Acumulada por debaixo dos 250 casos por 100.000 habitantes) o que siñificará a reapertura da hostelería local  a partir do próximo venres. Bares, cafeterías e restaurantes poderán atender en interior cun aforo do 30% e en terraza cunha ocupación do 50%,, de momento en horario ata as 6 da tarde. As reunións de non conviventes poderán ser de ata 4 persoas.

A outra gran novidade en canto a restricións, será a da mobilidade ata o de agora rexistrinda ao propio muniicipio, a partir do próximo venres haberá libertade para poder desprazarse entre concellos que están na mesma situación epidemiolóxica.

Igual que O Carballliño, tamén estarían en condiciós de aliviar as restricións o resto dos concellos, agás dous, os de Boborás e Punxín, que aínda están cunha incidencia acumulada por riba dos 250 casos por 100.000 habitantes, aínda que a situación agárdase que poida mellorar nos próximos dias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-nos-concellos-do-nivel-3-autorizase-reapertura-da-hosteleria-ata-6-da-tarde

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-nos-concellos-do-nivel-3-autorizase-reapertura-da-hosteleria-ata-6-da-tarde [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-nos-concellos-do-nivel-3-autorizase-reapertura-da-hosteleria-ata-6-da-tarde [3] whatsapp://send?text=O Carballiño entra nos concellos do nivel 3, autorízase a reapertura da hostelería ata as 6 da tarde e volve a mobilidade entre concellos do mesmo nivel epidemiolóxico. As novas medidas entran en vigor o próximo venres dia 26. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-entra-nos-concellos-do-nivel-3-autorizase-reapertura-da-hosteleria-ata-6-da-tarde [4] http://copecarballino.es/print/56127