Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Concello de Avión e Augas de Galicia destinan 185.000 euros para a mellora do saneamento nos lugares de San Vicenzo e O Sifón

24, Febreiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de remitirlle hoxe ao Concello de Avión a proposta de convenio de colaboración para impulsar a mellora do sistema de saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo. No ano 2013 finalizaron as obras de execución de dous colectores xerais nos núcleos de Avión, Cendóns e Beresmo e dunha nova depuradora para 1.250 habitantes equivalentes. Porén, os núcleos do municipio ourensán de Sifón e San Vicenzo, contan na actualidade con redes de saneamento que conflúe en senllas fosas sépticas cuxo funcionamento é moi deficiente. Mediante este convenio, desde Augas de Galicia proponse solucionar estes problemas no saneamento. Para iso ten proxectada unha rede de conexión ata a depuradora de Avión, deseñada no seu día para atender tamén á poboación deste dous núcleos do municipio ourensán.

Segundo recolle o texto do convenio trasladado pola Administración autonómica, a Xunta apoiará ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais cofinanciando a actuación nun 80% coa achega de 148.000 euros. Tamén levará a cabo a contratación da execución, dirección e xestión das obras ata completar a súa finalización e formalizar os correspondentes actos de recepción. Pola súa banda, o Concello de Avión contribuirá ao financiamento do 20%, cun investimento de 37.000 euros, comprometéndose a someter o proxecto das obras a información pública, así como a pór á disposición os terreos necesarios para levar a cabo as actuacións.

Tamén asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, así como a recepción mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo. Augas de Galicia prevé realizar esta actuación, cun prazo de execución de catro meses, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á covid-19. Este financiamento permitirá executar estas obras que teñen sido solicitadas pola entidade local e que se deben formalizar coa sinatura do convenio remitido hoxe por Augas de Galicia ao Concello, ao que se lle dá un prazo dun mes para dar resposta sobre o convenio, e para trasladar o correspondente xustificante da retención de crédito da achega que asume a Administración local. As obras proxectadas prevén a execución dunha rede de saneamento en tubaxe de PVC, estruturada en dous tramos. Esta intervención permitirá dar servizo a unha poboación de 94 habitantes para o ano horizonte 2045.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/concello-de-avion-e-augas-de-galicia-destinan-185000-euros-para-mellora-do-saneamento-nos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-de-avion-e-augas-de-galicia-destinan-185000-euros-para-mellora-do-saneamento-nos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concello-de-avion-e-augas-de-galicia-destinan-185000-euros-para-mellora-do-saneamento-nos [3] whatsapp://send?text=Concello de Avión e Augas de Galicia destinan 185.000 euros para a mellora do saneamento nos lugares de San Vicenzo e O Sifón http://copecarballino.es/novas/concello-de-avion-e-augas-de-galicia-destinan-185000-euros-para-mellora-do-saneamento-nos [4] http://copecarballino.es/print/56179