Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño recupera este sábado a feira "completa", coa totalidade dos postos. O concello convida a participar na mesma con "responsabilidade".

25, Febreiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A totalidade dos postos que cada quince dias se instalan na feira do Carballiño poderán volver facélo este sábado dia 27 de Febreiro, unha vez que O Carballiño figura no nivel 3 de restricións en vigor deste o 26 de Febreiro. Este mes, que so ten 28 dias, o derradeiro cadra en domingo e en consecuencia a feira adiántase ao dia anterior.

Asi ven de comunicalo o concello do Carballiño "logo da retirada de parte das restricións que dificultaban a realización da feira, a concelleira de servizos públicos, Rosa Fuentes, anuncia que o sábado 27 de febreiro volverán a ter presenza na vila todos os postos adxudicados, xa que nas anteriores edicións só estiveron presentes os postos de agro e alimentación". Ademáis, nestas últimas feiras a hostelería estivo pechada.

En todo caso, o concello carballiñés recorda que "os postos deberán ter unha separación de 1'5m entre os mesmos e cumprirán as normas vixentes en materia sanitaria. Ademais, Rosa Fuentes, fai un chamamento á veciñanza e aos visitantes para que disfruten da feira con responsabilidade e prudencia".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-recupera-este-sabado-feira-completa-coa-totalidade-dos-postos-o-concello-convida

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-recupera-este-sabado-feira-completa-coa-totalidade-dos-postos-o-concello-convida [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-recupera-este-sabado-feira-completa-coa-totalidade-dos-postos-o-concello-convida [3] whatsapp://send?text=O Carballiño recupera este sábado a feira [4] http://copecarballino.es/print/56213