Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común cifra en 1,5 millóns de euros "as subvencións perdidas polo concello do Carballiño nos dous últimos anos", a última sería "a da cuberta do parque infantil dos Catro Camiños"

2, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As criticas feitas por Espazo Común ao goberno municipal do Carballiño en relación á perda de subvencións procedentes doutras administracións ten o seu último capítulo "na perda da súbvención de 30.000 euros concedida pola Xunta de Galicia para a cuberta do Parque Infantil dos Catro Camiños que foi solicitada, tramitada e debidamente vendida na prensa sen que despois se executas esta demanda".

Dende esta formación política da oposición municipal aseguran que "xa no ano 2019 perdeuse a subvención do Obraodoiro,q ue tería permitido facer proxectos durante 9 meses para desempregados, ademáis damos por feita a perda da subvención para a Aula Cemit, xa que ante as nosas constantes preguntas en pleno seguimos sen resposta". Repróchanlle dende Espazo Común ao goberno do alcalde Fumega que "seguisen ocupados contratando actuacóns e espectáculos como para ter tempo de atender ás subvencións" e volven incidir no "impresentable e indefendible gasto de 115.000 euros en festexos durante o ano da pandemia"

Precisamente, durante o ano 2020 Espazo Común suma a esta relación de subveencións que por mala xestión do goberno municipal non chegaron ao concello, as relativas "os dous Obradoiros de Emprego anunciados ou o Plan Integrado de Emprego, que non foron capaces de acadar ningún".

A suma total na que cifra Espazo Común estas posibles subvencións ascende a "arredor de 1.500.000 euros, que deixaron de entrar nas arcas municipais do Concello do Carballiño, impedindo facer obras e proxectos que serían fundamentais nestes tempos de crise", remarcan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-cifra-en-15-millons-de-euros-subvencions-perdidas-polo-concello-do-carballino-nos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-cifra-en-15-millons-de-euros-subvencions-perdidas-polo-concello-do-carballino-nos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-cifra-en-15-millons-de-euros-subvencions-perdidas-polo-concello-do-carballino-nos [3] whatsapp://send?text=Espazo Común cifra en 1,5 millóns de euros [4] http://copecarballino.es/print/56332