Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Sergas convoca para este venres un cribado selectivo a 800 persoas veciñas de Boborás, que xa supera os 600 casos por 100.000 habitantes na incidencia acumulada.

3, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Sergas levará a cabo un cribado masivo entre a súa poboación maior de idade para detectar persoas asintomáticas, ante o incremento de novos positivos neste concellos nas últimas horas, pasando dos 7 contaxios activos de onte aos 14 que rexistra hoxe. A incidencia acumulada a 14 dias supera xa os 600 casos por 100.000 habitantes, se a reuníon do comite clínico na que onte se decidiu o paso de Boborás do nivel 3 ao 2 de restricións, se tivese lugar hoxe siñificaría que tería que entrar no nivel 1, coas restricións máis duras.

O cribado deste venres dia 5 de Marzo, en horario de tarde no pavillón de deportes de Boborás, citará mediante SMS a un total de 800 persoas veciñas de Boborás. Precisamente dende este venres, ao entrar en vigor a nova restrición para o municipio de Boborás, quedará limitada ao propio territorio municipal a mobilidade da veciñanza, e a hostalaría non poderá atender no interior dos establecementos. 

No resto dos concellos a situación continúa baixo control, con 8 contaxios activos no Carballiño e 1 en Maside. Nos outros seis concellos da comarca non hai persoas con infección activa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-para-este-venres-un-cribado-selectivo-800-persoas-vecinas-de-boboras-que-xa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-para-este-venres-un-cribado-selectivo-800-persoas-vecinas-de-boboras-que-xa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-para-este-venres-un-cribado-selectivo-800-persoas-vecinas-de-boboras-que-xa [3] whatsapp://send?text=O Sergas convoca para este venres un cribado selectivo a 800 persoas veciñas de Boborás, que xa supera os 600 casos por 100.000 habitantes na incidencia acumulada. http://copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-para-este-venres-un-cribado-selectivo-800-persoas-vecinas-de-boboras-que-xa [4] http://copecarballino.es/print/56355