Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta endurece as medidas para o concello de Boborás, que o próximo lúns pasa ao nivel máximo de restricións

5, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O comité clínico ven de acordar na súa segunda reunión semanal que o concello de Boborás pase a nivel 1 de restricións, o máximo entre os existentes, a partir das 00:00 horas deste próximo lúns dia 8 de Marzo. Asi, desta maneira, tan so permanecerá no nivel 2 no que entrou hoxe venres ata o próximo domingo.

O paso a nivel 1 a partir do próximo lúns implicará o peche da hostalaría, tan so poderán manter o servizo a domicilio, e quedan prohibidas a reunións de persoas non conviventes. E continuará vixente -xa o está no nivel 2- o peche perimetral do concello, coa mobilidade restrinxida ao propio territorio municipal.

A dia de hoxe, os contaxios activos no concello de Boborás son 14, un menos que onte. A incidencia acumulada de novos positivos a 14 dias está hoxe nos 590 casos por 100.000 habitantes, mentres que aos últimos 7 dias a incidencia acumulada para o concello de Boborás é de 545 casos por 100.000 habitantes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-endurece-medidas-para-o-concello-de-boboras-que-o-proximo-luns-pasa-ao-nivel-maximo-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-endurece-medidas-para-o-concello-de-boboras-que-o-proximo-luns-pasa-ao-nivel-maximo-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-endurece-medidas-para-o-concello-de-boboras-que-o-proximo-luns-pasa-ao-nivel-maximo-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta endurece as medidas para o concello de Boborás, que o próximo lúns pasa ao nivel máximo de restricións http://copecarballino.es/novas/xunta-endurece-medidas-para-o-concello-de-boboras-que-o-proximo-luns-pasa-ao-nivel-maximo-de [4] http://copecarballino.es/print/56392