Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O cribado do Sergas en Boborás tivo unha participación do 65,3%, acudiron 523 persoas das 800 que foron citadas

5, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A participación no cribado de Boborás  ao que estaban convocadas 800 persoas tivo unha participación do 65,3%, xa que finalmente foron 523 as persoas que acudiron a esta cita no pavillón de deportes da localidade.

A participación é semellante ao primeiro cribado que se realizara a finais de xaneiro no Carballiño, daquela fora en domingo e  unha participación do 65,2%, e case catro puntos superior ao segundo cribado de principios de febreiro, no que igual que hoxe en dia laborable, foran convocadas persoas dos concellos do Carballiño, Punxín e Maside, e obtivera unha participación do 61,4%.

Os resultados negativos das PCR que se realizaron hoxe en Boborás serán comunicados mediante SMS, e no caso dos positivos serán chamados dende o centro de saúde.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-cribado-do-sergas-en-boboras-tivo-unha-participacion-do-653-acudiron-523-persoas-das-800-que

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cribado-do-sergas-en-boboras-tivo-unha-participacion-do-653-acudiron-523-persoas-das-800-que [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-cribado-do-sergas-en-boboras-tivo-unha-participacion-do-653-acudiron-523-persoas-das-800-que [3] whatsapp://send?text=O cribado do Sergas en Boborás tivo unha participación do 65,3%, acudiron 523 persoas das 800 que foron citadas http://copecarballino.es/novas/o-cribado-do-sergas-en-boboras-tivo-unha-participacion-do-653-acudiron-523-persoas-das-800-que [4] http://copecarballino.es/print/56403