Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Sergas convoca a 1.000 persoas do concello de Maside a un cribado masivo este xoves dia 18 en horario de tarde

16, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O sergas ven de comunicar a organización dun cribado selectivo coa finalidade de detectar asintomáticos ao que van ser citadas 1000 persoas veciñas do concello de Maside, no rango de idade entre os 18 e os 74 anos.

Serán convocadas mediante mensaxe SMS ao teléfono móbil, no que se lle comunicará a hora á que deben acudir este xoves dia 18 de Marzo dende as 3 da tarde en adiante, ao pavillón de deportes de Maside, onde se practicarán as mostras nasais para as probas PCR. Dende o Sergas, e tamén dende o concello de Maside, piden a colaboración de toda a veciñanza que sexa convocada para que participe neste cribado selectivo. Maside ten, según os datos de hoxe, 11 contaxios activos. 

No resto dos concellos, en Boborás os contaxios activos baixan a 8, dous menos que onte. Tamén resta un caso O Carballiño, que ten hoxe 6 contaxios activos. Cea continúa con 1, e con cero contaxios permanecen os demáis concellos da comarca.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-1000-persoas-do-concello-de-maside-un-cribado-masivo-este-xoves-dia-18-en

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-1000-persoas-do-concello-de-maside-un-cribado-masivo-este-xoves-dia-18-en [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-1000-persoas-do-concello-de-maside-un-cribado-masivo-este-xoves-dia-18-en [3] whatsapp://send?text=O Sergas convoca a 1.000 persoas do concello de Maside a un cribado masivo este xoves dia 18 en horario de tarde http://copecarballino.es/novas/o-sergas-convoca-1000-persoas-do-concello-de-maside-un-cribado-masivo-este-xoves-dia-18-en [4] http://copecarballino.es/print/56609