Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O comité clínico endurece as restricións no Carballiño, que pasa a nivel medio. Recomenda que Maside siga no nivel máximo, e pasa a nivel baixo Boborás. As novas medidas entran en vigor o próximo venres dia 26.

23, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Estaba cantado, o incremento de novos casos de coronavirus que ven rexistrando O Carballiño nos últimos dias (20 novos positivos nos últimos 14 dias) levou ao comité clínico a endurecer o nivel de restricións no Carballiño, que pasa a nivel medio. Desta maneira, a hostelería pasará a ter aforo do 50% en terraza e 30% en interior dos locais ata as 21 horas, poderán reunirse ata un máximo de seis persoas en exteriores e catro en interiores dos locais de hostelería, e permítese a mobilidade en toda Galicia, excepto cos municipios con nivel máximo de restricións, como é o caso de Maside.

Precisamente, en relación ao concello de Maside, o comité clínico recomenda que siga no máximo nivel de restricións, aínda tendo en conta a melloría dos últimos dias, xa coa incidencia acumulada por debaixo dos 500 casos por 100.000 habitantes. Polo tanto, Maside continúa con peche perimetral municipal e reunións limitadas a conviventes, e coa hostalaría pechada, tan so con servizo a domicilio ou recoller no local.

Boborás pasa a nivel medio-baixo, o máis flexible de restricións. A hostelería pode funcionar  cun aforo do 50% en interiores e 75% en exteriores, poden xuntarse ata seis persoas en terraza e catro en interiores. Está permitida a mobilidade a toda Galicia, excepto aos municipios con nivel máximo de restricións. No mesmo nivel medio-baixo permanecen o resto de municipios das comarcas do Ribeiro-O Carballiño, agás Ribadavia (nivel medio) e Beade (nivel máximo).

As novas medidas para O Carballiño e Boborás entran en vigor a partir das 00:00 horas deste próximo venres dia 26 de Marzo. No caso de Maside non hai cámbios.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-comite-clinico-endurece-restricions-no-carballino-que-pasa-nivel-medio-recomenda-que-maside

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-comite-clinico-endurece-restricions-no-carballino-que-pasa-nivel-medio-recomenda-que-maside [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-comite-clinico-endurece-restricions-no-carballino-que-pasa-nivel-medio-recomenda-que-maside [3] whatsapp://send?text=O comité clínico endurece as restricións no Carballiño, que pasa a nivel medio. Recomenda que Maside siga no nivel máximo, e pasa a nivel baixo Boborás. As novas medidas entran en vigor o próximo venres dia 26. http://copecarballino.es/novas/o-comite-clinico-endurece-restricions-no-carballino-que-pasa-nivel-medio-recomenda-que-maside [4] http://copecarballino.es/print/56777