Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Un domingo de infarto para a última xornada da primeira fase na terceira división. O Arenteiro, xa clasificado para o ascenso directo, recibe en Espiñedo ao Ribadumia.

25, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un domingo como os de antes, de fortes emocións e de carrusel de partidos, todos á mesma hora. A primeira fase da Terceira División conclúe oficialmente esta próxima fin de semana coa disputa da última xornada nos dous grupos e a emoción está asegurada, debido a que aínda quedan moitas cousas por decidir.

Sabemos que Bergantiños e Arenteiro xa son oficialmente os campións de senllos grupos, e que no Grupo B, xunto co propio Arenteiro, Alondras e Arosa xogarán polo ascenso directo. O desenlace, este domingo 28 de marzo a partir das 17 horas.

O CD Arenteiro proclamouse esta pasada fin de semana campión de grupo. Arosa SC e Alondras CF acompañarán aos do Carballiño na Fase de Ascenso directo. Aínda que o Arenteiro xa está clasificado dende fai tres xornadas para disputar a fase do ascenso directo, sigue sendo de moita importancia acceder a esta segunda fase coa maior puntuación posible, polo que de gañar ao Ribadumia este domingo en Espiñedo accedería con 47 puntos.

O partido co Ribadumia será de novo con aforo limitado en Espiñedo a 500 espectadores, con preferencia para os socios, e coa posiblidade de acceso ao público ata completar aforo.

A última xornada da primeira fase decidirá as prazas de 4º, 5º e 6º clasificado, xa que Ourense C F, Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas teñen 28 puntos,  CD Barco ten 27 puntos, o CD Ribadumia ten 26 e a UD Ourense ten 25 puntos, polo que todo pode pasar nesta última xornada. A última xornada da primeira fase na Terceira División disputarase o próximo domingo 28 de marzo ás 17 horas en horario unificado.

A segunda fase da Terceira División arrincará oficialmente a fin de semana do 3-4 de abril. Cómpre salientar que o descanso previsto entre fases eliminouse polo parón necesario que se fixo no seu día para recuperar partidos.

O próximo luns coñeceremos tamén o calendario desta segunda fase, na que CD Arenteiro loitará polo ascenso á 2ª RFEF.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/un-domingo-de-infarto-para-ultima-xornada-da-primeira-fase-na-terceira-division-o-arenteiro-xa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-domingo-de-infarto-para-ultima-xornada-da-primeira-fase-na-terceira-division-o-arenteiro-xa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-domingo-de-infarto-para-ultima-xornada-da-primeira-fase-na-terceira-division-o-arenteiro-xa [3] whatsapp://send?text=Un domingo de infarto para a última xornada da primeira fase na terceira división. O Arenteiro, xa clasificado para o ascenso directo, recibe en Espiñedo ao Ribadumia. http://copecarballino.es/novas/un-domingo-de-infarto-para-ultima-xornada-da-primeira-fase-na-terceira-division-o-arenteiro-xa [4] http://copecarballino.es/print/56819