Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > COMO GASTAR 40.000 EUROS DE DIÑEIRO PÚBLICO NUNHA OBRA E TER A TODOS INSATISFEITOS?

3, Abril 2021 [1] [2] [3] [4]

O pasado mércores 31 de marzo (Feira no Carballiño) as obras en Evaristo Vaamonde, anunciadas a bombo e platillo polo Concello de O Carballiño para solucionar os problemas de inundacións sufridos por esta rúa, foron cementadas. Entendemos con isto que se da por concluído o groso da intervención (falta recoller o refugallo e limar detalliños estéticos, pero os tubos e as franxas están metidos e pechados respectivamente).

Lamentablemente, o Xoves Santo (01-04-21) o Carballiño volveu vivir un episodio TORMENTOSO na súa vida cotiá. Evaristo Vaamonde unha vez máis converteuse nun río, con augas fecais a modo de Géiser e ratas saíndo do sumidoiros e fuxindo por diante do supermercado. MOI HIXIÉNICO TODO!!!

As casas, sotos ou garaxes que se inundaban antes das obras seguen inundándose, e garaxes en Eusebio Lorenzo que non se inundaban agora inúndanse. MENUDO PANORAMA!!!

Se arranxas Eusebio Lorenzo e non lle deixas sumidoiros ao longo da rúa para que a auga da choiva se canalice, esta baixa “cual río” polo asfalto, subindo a beirarrúa e penetrando polos buratos mal feitos da obra, inundando garaxes, sotos e o que tope por diante. Seica, a idea era que toda esa auga desbocada se metese ela soíña pola reixa do fondo, sen saírse do rego,  “cual catarata do Niágara.”

Evidentemente, esta falta de previsión incrementou o problema de inundacións que se daban en Evaristo Vaamonde, pois agora a auga chega sen control pola Praza da Veracruz e por Eusebio Lorenzo.

A nova idea, propia dun “illuminati,” para disimular a desfeita do arranxo de Eusebio Lorenzo, foi a obra  acometida nas últimas dúas semanas na que se tentaba canalizar a auga da reixa de Eusebio Lorenzo cara a Avenida 25 de Xullo, que por certo, está máis alta que Evaristo Vaamonde (nunca che vin a auga correr costa arriba!). Imos a ser ben pensados e confiar en que alguén supervisaría esa obra e obrigaría a baixar a cota dos tubos para que a auga desaloxase.

POIS BEN, ALGO FALLA, PORQUE O XOVES AQUELO NON ERA UN RÍO, ERA UN TSUNAMI. 

Estimados concidadáns do Carballiño, poderán pensar vostedes que falar é fácil, pero debo dicirlles que antes do comezo das devanditas obras tivemos unha conversa co alcalde, no que lle presentamos as dúbidas razoables respecto a esta obra e lle indicamos que non ía a solucionar os problemas de Evaristo Vaamonde, a razón principal é que para solucionar os problemas de Evaristo Vaamonde hai que arranxar Evaristo Vaamonde ao completo, e non desviar inutilmente fondos e esforzos sobre 25 de Xullo nin Conde Vallellano.

Espero que o alcalde estea a desfrutar da Semana Santa, algúns de nós non podemos botar pé fóra da casa se queremos evitar 50 cms. de auga nos nosos garaxes.

Atentamente,

Milagros Chao Castro

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/como-gastar-40000-euros-de-dineiro-publico-nunha-obra-e-ter-todos-insatisfeitos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/como-gastar-40000-euros-de-dineiro-publico-nunha-obra-e-ter-todos-insatisfeitos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/como-gastar-40000-euros-de-dineiro-publico-nunha-obra-e-ter-todos-insatisfeitos [3] whatsapp://send?text=COMO GASTAR 40.000 EUROS DE DIÑEIRO PÚBLICO NUNHA OBRA E TER A TODOS INSATISFEITOS? http://copecarballino.es/denunciacidada/como-gastar-40000-euros-de-dineiro-publico-nunha-obra-e-ter-todos-insatisfeitos [4] http://copecarballino.es/print/56866