Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro mereceu mellor sorte na súa visita a Carballo nun partido cun final non apto para cardiacos

18, Abril 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Arenteiro enfrontouse a un efectivo Bergantiños, que non foi mellor, pero que transformou en gol as súas ocasións, dúas delas en concesións defensivas dos verdes e a outra un regalo en forma de penalti que lles fixo aos de Carballo o colexiado Gonzálo Villanueva.

Púxoselle costa arriba pronto o partido ao Arenteiro, porque aos 10 minutos o Bergan adiántase no marcador, e co 1-0 chegaríase ao descanso tras unha primeira parte na que os verdes foron merecedores de algo máis antes de irse a vestiarios no estadio das Eiroas, que completou o aforo autorizado, 260 persoas nas gradas.

Aos 5 minutos da reanudación un penalti sobre Ger servíu para que Renan, infalible dende os 11 metros, empatase o partido. Pero tan so 8 minuto despóis non se sabe o que pudo pasarlle pola cabeza ao árbitro do encontro Gonzalo Villanueva que ante sorpresa de propios e extraños pitou penalti na área do Arenteiro despóis de que o dianteiro local Yelco estragase unha boa ocasión de gol,Remeseiro tampouco fallou a pena máxima e volveu adiantar ao Bergan. Aínda máis en contra se puxo o partido para o Arenteiro cando no minuto 76 quédase en inferioridade ao ver cartón vermello Cissé por unha falta cometida sendo o último defensor, e pior no minuto 80 cando Jorge Cano cabecea a placer o 3-1.

Pero aínda asi, o Arenteiro non se rendíu e no minuto 88 Sylla poñía o 3-2 cun testarazo aproveitando un centro de Joni, e xa co tempo cumplido pudo o propio Joni empatar o partido pero o balón petou no poste da portería e saíu fora, mentres o público das Eiroas pedía o final do partido. Con este resultado o Arenteiro quédase segundo a 1 punto do agora líder Bergantiños, que terá que visitar Espiñedo no derradeiro partido da competición. Antes outras dúas transcendentais citas para o Arenteiro, a primeira o próximo domingo ás 5 da tarde fronte á UD Somozas, e depois ao Anxo Carro para medirse ao Polvorín-Lugo B.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc... [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-mellor-sorte-na-sua-visita-carballo-nun-partido-cun-final-non-apto-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-mellor-sorte-na-sua-visita-carballo-nun-partido-cun-final-non-apto-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-mellor-sorte-na-sua-visita-carballo-nun-partido-cun-final-non-apto-para [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro mereceu mellor sorte na súa visita a Carballo nun partido cun final non apto para cardiacos http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-mellor-sorte-na-sua-visita-carballo-nun-partido-cun-final-non-apto-para [4] http://copecarballino.es/print/56926 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=761171&cod_acta=761171