Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta analiza a idoneidade do ámbito proposto para a ampliación do parque empresarial do Carballiño, un proxecto supramunicipal do que participa o concello de Maside

20, Abril 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, visitou esta mañá, xunto con varios representantes da empresa pública Xestur, os terreos nos que se pretende ampliar o parque empresarial do Carballiño.

Durante a visita, na que tamén estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, e o de Maside, José Manuel Iglesias, o director do IGVS e mais os técnicos de Xestur analizaron sobre o terreo a idoneidade do ámbito proposto para a ampliación do actual parque, xa que compete ao IGVS tramitar a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (Psoaeg) para incluír este cambio.

Unha vez incluído o novo ámbito no Plan sectorial, será tamén o Instituto Galego da Vivenda e Solo o encargado da tramitación do proxecto sectorial do parque.

Actualmente, o organismo autonómico dispón de tres parcelas no parque empresarial do Carballiño, cunha superficie total de 9.117 metros cadrados e unha bonificación do 50% no prezo de venda das mesmas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-analiza-idoneidade-do-ambito-proposto-para-ampliacion-do-parque-empresarial-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-analiza-idoneidade-do-ambito-proposto-para-ampliacion-do-parque-empresarial-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-analiza-idoneidade-do-ambito-proposto-para-ampliacion-do-parque-empresarial-do [3] whatsapp://send?text=A Xunta analiza a idoneidade do ámbito proposto para a ampliación do parque empresarial do Carballiño, un proxecto supramunicipal do que participa o concello de Maside http://copecarballino.es/novas/xunta-analiza-idoneidade-do-ambito-proposto-para-ampliacion-do-parque-empresarial-do [4] http://copecarballino.es/print/56931