Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño, con 7 casos, e Cea con 1, únicos concellos con contaxios activos. A menor incidencia na comarca dende os inicios da pandemia.

25, Abril 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os datos facilitados por Sanidade neste domingo 25 de Abril reflicten a situación estacionaria das últimas semanas, a Comarca continúa mantendo a raia ao coronavirus.

O Carballiño, que ten 7 contaxios activos, e San Cristovo de Cea con 1 caso, son a dia de hoxe os dous únicos concellos da comarca afectados polo Covid, xa que o resto de municipios permanecen limpos de virus. Trátase da menor incidencia na comarca dende os inicios da pandemia.

Piñor, O Irixo, Boborás, Beariz, Punxín, San Amaro e Maside non teñen casos activos, tampouco os concellos de Leiro e Avión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-con-7-casos-e-cea-con-1-unicos-concellos-con-contaxios-activos-menor-incidencia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-con-7-casos-e-cea-con-1-unicos-concellos-con-contaxios-activos-menor-incidencia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-con-7-casos-e-cea-con-1-unicos-concellos-con-contaxios-activos-menor-incidencia [3] whatsapp://send?text=O Carballiño, con 7 casos, e Cea con 1, únicos concellos con contaxios activos. A menor incidencia na comarca dende os inicios da pandemia. http://copecarballino.es/novas/o-carballino-con-7-casos-e-cea-con-1-unicos-concellos-con-contaxios-activos-menor-incidencia [4] http://copecarballino.es/print/56944