Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Alfonso Zarauza rodará a película "Malencolía" no Carballiño e O Irixo

26, Abril 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao gran triunfador dos XIX Premios "Mestre Mateo", o director Alfonso Zarauza -quen conseguiu este ano 9 dos 12 galardóns aos que aspiraba coa película Ons-, xuntanza na que lle confirmou o apoio da institución provincial á que será a vindeira película do guionista e director galego, Malencolía, filme que se rodará na comarca do Carballiño, concretamente nos distintos escenarios dos concellos do Irixo e O Carballiño.

Baltar trasladoulle a Zarauza os parabéns polo éxito logrado nos Mestre Mateo, "o que supón un gran aval de calidade para o seu próximo proxecto, no que Ourense tamén será protagonista a través dos seus magníficos escenarios naturais, no marco da decidida aposta da Deputación polo ámbito audiovisual". No encontro no Pazo Provincial tamén participaron o produtor Martín Calviño e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.

Producida por Maruxiña Films, compañía fundada polos irmáns Alfonso e Rubén Zarauza e con numerosas distincións nacionais e internacionais, Malencolía está concibida como unha película de terror con temática tradicional galega, rodada integramente en galego e cun equipo técnico e artístico cen por cen do país.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/alfonso-zarauza-rodara-pelicula-malencolia-no-carballino-e-o-irixo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alfonso-zarauza-rodara-pelicula-malencolia-no-carballino-e-o-irixo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alfonso-zarauza-rodara-pelicula-malencolia-no-carballino-e-o-irixo [3] whatsapp://send?text=Alfonso Zarauza rodará a película [4] http://copecarballino.es/print/56947