Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Recepción na Deputación Provincial ao Club Deportivo Arenteiro

10, Maio 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo provincial aos xogadores, corpo técnico e directiva do Club Deportivo Arenteiro, que este domingo pechou unha tempada histórica ao proclamarse campión de terceira división, logo de conseguir con anterioridade o ascenso á segunda RFEF.

Baltar, acompañado polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, puxo de relevo que o acto de hoxe "era o mellor momento para abrir de novo as portas do salón provincial de plenos, logo de meses pechado", felicitando aos xogadores porque " en circunstancias como estas destes o mellor de vós, como tamén os afeccionados que sempre estiveron aí, e agora representades á elite do fútbol ourensán".

Pola súa banda, o presidente do club, Argimiro Marnotes, encomiou "o gran traballo feito durante todo o ano nun gran proxecto deportivo, no que ademais contamos co recoñecemento da Deputación e o seu apoio para as novas melloras no estadio".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/recepcion-na-deputacion-provincial-ao-club-deportivo-arenteiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/recepcion-na-deputacion-provincial-ao-club-deportivo-arenteiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/recepcion-na-deputacion-provincial-ao-club-deportivo-arenteiro [3] whatsapp://send?text=Recepción na Deputación Provincial ao Club Deportivo Arenteiro http://copecarballino.es/novas/recepcion-na-deputacion-provincial-ao-club-deportivo-arenteiro [4] http://copecarballino.es/print/57016