Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello do Carballiño acredita que ten dereitos pendentes de cobro que rebasan os 5 millóns de euros. Espazo Común solicita unha auditoria para aclarar "as causas que unhos paguen, outros non, e a outros se lle perdoen débedas"

18, Maio 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Na liquidación do orzamento do ano 2020, a cifra de dereitos pendentes de cobro, ascende a máis de 5.000.000 de € e, lóxicamente, gran parte destes cartos proveñen de impostos impagados, aseguran dende Espazo Común. Engaden que "a xestión feita por parte do Servizo de Recadación merece unha atención especial e sería desexable a elaboración dunha auditoría para coñecer realmente as causas de que uns veciños paguen, outros non e a outros se lles perdoen débedas".

O Grupo Municipal de Espazo Común do Carballiño anuncia que vai presentar, para que sexa tratada no pleno deste mes de maio, unha iniciativa para que o Concello, amplíe os prazos de pagamento de débedas de particulares "xa que os que establece actualmente a ordenanza son inasumibles para moitos veciños", consideran.

"Son xa varias as persoas que se dirixiron a nós para expresar o seu desexo de facer fronte ás contías pendentes pero que non poden facerlle fronte ao ser prazos moi reducidos", manifestan dende esta formación politica no concello do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-acredita-que-ten-dereitos-pendentes-de-cobro-que-rebasan-os-5-millons

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-acredita-que-ten-dereitos-pendentes-de-cobro-que-rebasan-os-5-millons [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-acredita-que-ten-dereitos-pendentes-de-cobro-que-rebasan-os-5-millons [3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño acredita que ten dereitos pendentes de cobro que rebasan os 5 millóns de euros. Espazo Común solicita unha auditoria para aclarar [4] http://copecarballino.es/print/57047