Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño presenta en Fitur "Sendeiros polo país dos ríos". Aquí podes ver o vídeo promocional.

20, Maio 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Fitur acolleu hoxe a presentación de"Sendeiros polo país dos ríos", o novo producto turístico do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, que ofrece unha diversidade de rutas de sendeirismo que teñen en común que os seus percorridos seguen o curso de varios ríos do territorio comarcal.

Concretamente, os 14 concellos integrados neste novo paquete turístico son A Arnoia, Beariz, Castrelo de Miño, Cenlle, O Irixo, Maside, Melón, Piñor, Pontedeva, San Cristovo de Cea, O Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro. No acto de presentación en Fitur proxectouse un vídeo e tivo unha intervención o Presidente do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño, Francisco Fernández.

Para ver o video promocional sigue a ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=U2XkPKvcmrA [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-xeodestino-o-ribeiro-o-carballino-presenta-en-fitur-sendeiros-polo-pais-dos-rios-aqui-podes

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xeodestino-o-ribeiro-o-carballino-presenta-en-fitur-sendeiros-polo-pais-dos-rios-aqui-podes [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xeodestino-o-ribeiro-o-carballino-presenta-en-fitur-sendeiros-polo-pais-dos-rios-aqui-podes [3] whatsapp://send?text=O Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño presenta en Fitur [4] http://copecarballino.es/print/57055 [5] https://www.youtube.com/watch?v=U2XkPKvcmrA