Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O delegado territorial da Xunta móstrase partidario da construcción dun novo centro de saúde no Carballiño. Gabriel Alén repasou en COPE O Carballiño a xestión autonómica en clave local.

25, Maio 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Delegado Territorial da Xunta na provincia de Ourense, Gabriel Alén, espera que pronto o concello do Carballiño, co que dixo estar en contacto, se pronuncie sobre as dúas posibilidades que agora mesmo se contemplan: a ampliación do actúal centro de saúde ou ben a construcción dun novo edificio sanitario no Carballiño, para o que a institución municipal debe poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios para acometer este proxecto.

En todo caso, o representante do goberno autonómico mostrouse partidario de promover un novo centro de saúde, un edificio de nova cosntrucción que cubra as necesidades asistencias do Sergas para O Carballiño e a súa comarca.

Son manifestacións que o Delegado Territorial fixo no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño, na que repasou diversos proxectos da Xunta no ámbito das comarcas do Ribeiro-O Carballiño. Unha entrevista que pódese escoitar íntegra nesta mesma páxina WEB, no apartado PROGRAMA, correspondente a este martes dia 25 de Maio.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-mostrase-partidario-da-construccion-dun-novo-centro-de-saude

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-mostrase-partidario-da-construccion-dun-novo-centro-de-saude [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-mostrase-partidario-da-construccion-dun-novo-centro-de-saude [3] whatsapp://send?text=O delegado territorial da Xunta móstrase partidario da construcción dun novo centro de saúde no Carballiño. Gabriel Alén repasou en COPE O Carballiño a xestión autonómica en clave local. http://copecarballino.es/novas/o-delegado-territorial-da-xunta-mostrase-partidario-da-construccion-dun-novo-centro-de-saude [4] http://copecarballino.es/print/57072