Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Falece a científica carballiñesa Maria Teresa Miras Portugal, foi a primeira muller en presidir a Real Academia Nacional de Farmacia.

28, Maio 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A científica María Teresa Miras Portugal faleceu este pasado xoves dia 27 de Maio en Madrid, aínda que por desexo expreso será enterrada no Carballiño, onde nacera fai 73 anos. O Velorio terá lugar dende as 19:00 deste venres dia 28 no Tanatorio Veracruz Centro ata a tarde deste sábado dia 29 de Maio, que será cando as 16:00 horas se celebre o funeral no Templo da Veracruz e posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar do cemiterio de Señorín.

Miras Portugal, catedrática emérita de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense de Madrid ( UCM), e presidenta de honra da Real Academia Nacional de Farmacia, tiña 350 obras recoñecidas de nivel internacional e recibiu multitude de premios, no ano 2016 a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.

A carballiñesa foi no ano 2007 a primeira muller elixida para presidir a Real Academia Nacional de Farmacia de España. As áreas de investigación nas que se centraba estaban fundamentalmente dirixidas ás neurociencias: funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos e interacción de neurotransmisores, segundo recolle a web da Real Academia Nacional de Farmacia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/falece-cientifica-carballinesa-maria-teresa-miras-portugal-foi-primeira-muller-en-presidir

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-cientifica-carballinesa-maria-teresa-miras-portugal-foi-primeira-muller-en-presidir [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/falece-cientifica-carballinesa-maria-teresa-miras-portugal-foi-primeira-muller-en-presidir [3] whatsapp://send?text=Falece a científica carballiñesa Maria Teresa Miras Portugal, foi a primeira muller en presidir a Real Academia Nacional de Farmacia. http://copecarballino.es/novas/falece-cientifica-carballinesa-maria-teresa-miras-portugal-foi-primeira-muller-en-presidir [4] http://copecarballino.es/print/57078