Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Campo de fútbol de Espiñedo acollerá o sábado 19 de Xuño unha verbena amenizada pola orquestra Cinema. Forma parte do plan piloto da Xunta para verificar a seguridade das medidas Covid.

2, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O vindeiro sábado 19 de Xuño o campo de fútbol de Espiñedo acollerá unha das seis verbenas piloto que a Xunta de Galicia quere facer para comprobar se estas celebracións son seguras coas medidas sanitarias oportunas. A encargada de amenizar esta verbena será a orquéstra Cinema.

Os asistentes poderán estar de pé e bailar, aínda que só con conviventes. Será unha verbena con límite de asistencia ata 1.000 persoas e con uso obrigatorio da máscara. O público terá que estar a cinco metros do escenario. Ademais, pedirase un rexistro previo para poder entrar no recinto, que terá un control de acceso.

O concello do Carballiño propuxo o estadio de Espiñedo para a celebración desta verbena piloto por tratarse dun recinto pechado, tal como se pedía, e porque unha vez celebrado este evento o recinto será obxeto dunha reforma integral do terreo de xogo, no que celebra os seus partidos o Club Deportivo Arenteiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-campo-de-futbol-de-espinedo-acollera-o-sabado-19-de-xuno-unha-verbena-amenizada-pola

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-campo-de-futbol-de-espinedo-acollera-o-sabado-19-de-xuno-unha-verbena-amenizada-pola [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-campo-de-futbol-de-espinedo-acollera-o-sabado-19-de-xuno-unha-verbena-amenizada-pola [3] whatsapp://send?text=O Campo de fútbol de Espiñedo acollerá o sábado 19 de Xuño unha verbena amenizada pola orquestra Cinema. Forma parte do plan piloto da Xunta para verificar a seguridade das medidas Covid. http://copecarballino.es/novas/o-campo-de-futbol-de-espinedo-acollera-o-sabado-19-de-xuno-unha-verbena-amenizada-pola [4] http://copecarballino.es/print/57103