Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Avión acometerá obras de ampliación da residencia de maiores, para crear 12 novas prazas de residentes

14, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta de Goberno da Deputación acordou na súa reunión deste lúns 14 de Xuño unha achega económica para o concello de Avión, no apartado de cooperación cos concellos, por importe de 200.000 euros, e con destino á obra de ampliación da residencia de maiores.

Desta maneira, o obxetivo é crear 12 novas prazas para persoas residentes, dada a demanda existente, xa que as prazas dispoñibles -32 na actualidade- están cubertas e existe lista de agarda. A residencia de maiores forma parte do centro de Centro de Servizos Sociais Alvetus, que xestiona a Fundación Anduriña, creada polo concello de Avión para a xestión de todos os servizos de carácter social que son depedentes da institución municipal.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-acometera-obras-de-ampliacion-da-residencia-de-maiores-para-crear-12-novas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-acometera-obras-de-ampliacion-da-residencia-de-maiores-para-crear-12-novas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-acometera-obras-de-ampliacion-da-residencia-de-maiores-para-crear-12-novas [3] whatsapp://send?text=O concello de Avión acometerá obras de ampliación da residencia de maiores, para crear 12 novas prazas de residentes http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-acometera-obras-de-ampliacion-da-residencia-de-maiores-para-crear-12-novas [4] http://copecarballino.es/print/57147