Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Beariz colabora co CEIP da localidade nunha campaña contra a violencia de xénero

16, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Beariz entregou hoxe ó profesorado do CEIP de Beariz material didáctico-lúdico relacionado coa Campaña contra a violencia de xénero que será destinado a todo o alumnado, así como aos seus pais baixo o lema “Xunt@s somos máis fortes”.

O fin desta actividade consiste en incentivar e colaborar na educación en igualdade así como na prevención da violencia de xénero, dende tódolos ámbitos, especialmente o escolar e o familiar, e dende a etapa máis temperá dos nenos.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Servizos sociais do Concello e está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-colabora-co-ceip-da-localidade-nunha-campana-contra-violencia-de-xenero

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-colabora-co-ceip-da-localidade-nunha-campana-contra-violencia-de-xenero [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-colabora-co-ceip-da-localidade-nunha-campana-contra-violencia-de-xenero [3] whatsapp://send?text=O concello de Beariz colabora co CEIP da localidade nunha campaña contra a violencia de xénero http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-beariz-colabora-co-ceip-da-localidade-nunha-campana-contra-violencia-de-xenero [4] http://copecarballino.es/print/57156