Desenrolado por coroa.es
As obras do paseo consisten na substitución do pavimento de xabre actual por un novo a base de aripaq, resistente á erosión pola acción da auga, e na mellora da drenaxe e evacuación de augas pluviais nunha lonxitude de 2 Km, situados entre a Ponte Veiga e Rúa Astureses.
Ademais, o proxecto contempla a substitución da cuberta dun lavadoiro da Toscaña, adxacente ao paseo, así como a adecuación dun acceso existente desde o vial Rúa Río Miño e o acondicionamento dunha leira próxima para a futura instalación dun parque infantil.
Estas obras foron adxudicadas á empresa Orega, S.L. por importe de 325.163,77 €, para ser executadas nun prazo máximo de 6 meses. A Confederación aporta o 80% do orzamento, e o concello do Carballiño o 20% restante.
O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o alcalde do Carballiño Francisco Fumega, acompañados doutros responsables municipais, supervisaron esta mañá o inicio da obras.
Ademáis, o rexedor municipal avanzou que na zona que acondionará a Confederación neste barrio de Toscaña, crearáse un espazo de ocio infantil, que será "un parque de aventuras, para o que o concello xa ten reservados 150.000 euros, tal como nos demandan os nenos e nenas do Carballiño", subliñou Fumega.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/chms-incia-obras-de-mellora-no-paseo-do-arenteiro-e-o-lavadoiro-de-toscana-cun-orzamento-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/chms-incia-obras-de-mellora-no-paseo-do-arenteiro-e-o-lavadoiro-de-toscana-cun-orzamento-de
[3] whatsapp://send?text=A CHMS incia as obras de mellora no paseo do Arenteiro e o lavadoiro de Toscaña, cun orzamento de 325.000 euros http://copecarballino.es/novas/chms-incia-obras-de-mellora-no-paseo-do-arenteiro-e-o-lavadoiro-de-toscana-cun-orzamento-de
[4] http://copecarballino.es/print/57168