Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Comeza a tempada nas piscinas públicas do Carballiño

29, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Logo dos traballos de acondicionamento das instalacións e de demorarse a previsión inicial debido á espera polos resultados das analíticas sobre o estado da auga, o Concello do Carballiño procederá mañá martes, día 29, á apertura das piscinas municipais. As previsións pasan por manter a temporada como nos anos anteriores, ata os primeiros días de setembro, e o horario de funcionamento das instalacións municipais carballiñesa será de 11.30 a 20.30 horas.

Como xa se vén facendo dende hai anos o Concello do Carballiño pon a disposición dos cidadáns a posibilidade de mercar as entradas para facer uso da piscina municipal na propia billeteira do recinto deportivo ou a través de internet. Tamén, como xa é costume, se poderá optar por mercar entradas soltas ou decantarse pola alternativa dos bonos. Para as persoas que o desexen, o Concello do Carballiño pón a disposición dos usuarios unha app de reservas. Quen opte por esta alternativa pode mercar as entradas ou os bonos, en función dos casos, en app.saudeter.com

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comeza-tempada-nas-piscinas-publicas-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comeza-tempada-nas-piscinas-publicas-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comeza-tempada-nas-piscinas-publicas-do-carballino [3] whatsapp://send?text=Comeza a tempada nas piscinas públicas do Carballiño http://copecarballino.es/novas/comeza-tempada-nas-piscinas-publicas-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/57206