Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello anuncia unha "Festa do Pulpo restrinxida" sen actividades no parque e con programación cultural

14, Xullo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello carballiñés comunicou hoxe que "haberá pulpeiros por toda a vila pero non se organizará a comida do recinto no parque municipal", será "unha festa do pulpo restrinxida" e tamén este ano reducida ao ámbito urbano.

Recomendaráse a reserva para poder degustar o polbo á feira nos locais da hostelería carballiñesa non so o domingo 8 de agosto, senón durante toda a semana previa, igual que xa acontecera o ano pasado. 

Dende o concello do Carballiño manifestan que "apóstase todos os anos por potenciar a programación cultural  e as actividades para todos os públicos e tamén se contará novamnte con propostas para animar e dinamizar o O Carballiño nas xornadas pre-pulpo", agardando que para o próximo ano 2022 poida recuperarse o programa tradicional da festa e os acontecementos que cada ano fan do Carballiño a referencia festiva e gastronómica de toda Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-anuncia-unha-festa-do-pulpo-restrinxida-sen-actividades-no-parque-e-con

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-anuncia-unha-festa-do-pulpo-restrinxida-sen-actividades-no-parque-e-con [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-anuncia-unha-festa-do-pulpo-restrinxida-sen-actividades-no-parque-e-con [3] whatsapp://send?text=O concello anuncia unha [4] http://copecarballino.es/print/57269