Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta colaborará co concello de Beariz para avanzar na integración paisaxística da aldea de Alvite

19, Xullo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta de Galicia estudará colaborar co Concello de Beariz para seguir avanzando na mellora e na integración paisaxística do núcleo rural de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos experimentou un importante desenvolvemento desde o punto de vista social, demográfico e turístico grazas aos investimentos realizados para impulsar a súa recuperación.

Así o acordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor, Manuel Prado, no transcurso dunha reunión que mantiveron recentemente para abordar este e outros asuntos de interese municipal.

Cómpre lembrar que nos últimos anos a aldea de Alvite tamén foi obxecto de dúas actuacións urbanísticas importantes cofinanciadas pola Consellería e o Concello a través do Plan Hurbe e co obxectivo común de humanizar e acondicionar espazos de uso público, concretamente unha rúa e unha praza.

A intención do Goberno local, segundo explicou o alcalde, é seguir intervindo nesta zona a través de diferentes tipos de actuacións que contribúan á súa posta en valor e eliminen e corrixan os posibles impactos paisaxísticos existentes.

A este respecto, Ángeles Vázquez valorou a proposta municipal e avanzoulle que, precisamente, o seu departamento está ultimando unha nova orde de axudas dirixida ás entidades locais para mellorar a contorna paisaxística tanto en núcleos de poboación como en zonas rurais ou naturais. A convocatoria está prevista para este mesmo ano, polo que animou ao rexedor a acollerse a ela co fin de intervir sobre edificacións ou elementos etnográficos de titularidade municipal localizados en Alvite.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-de-beariz-para-avanzar-na-integracion-paisaxistica-da-aldea-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-de-beariz-para-avanzar-na-integracion-paisaxistica-da-aldea-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-de-beariz-para-avanzar-na-integracion-paisaxistica-da-aldea-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta colaborará co concello de Beariz para avanzar na integración paisaxística da aldea de Alvite http://copecarballino.es/novas/xunta-colaborara-co-concello-de-beariz-para-avanzar-na-integracion-paisaxistica-da-aldea-de [4] http://copecarballino.es/print/57292