Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común demanda do concello que inicie os trámites para a construcción dun novo pavillón de deportes

22, Xullo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Trátase dunha demanda que Espazo Común vai trasladar en forma de moción ante o pleno da corporación municipal, e coa idea de que o concello promova a construcción dun segundo pavillón de deportes no Carballiño.

Entenden que é manifesta "a carencia de instalacións  é un handicap demasiádo complexo de superar, as instalacións ao aire libre son poucas e mal coidadas e de promesas como a da pista de atletísmo nunca maís se soupo" mentres que "con respecto ás actividades en interior, o Pavillón Pacho Chao é a todas luces insuficiente para a demanda a pesares do parche recurrente das pistas dos institutos, que non contan apenas con infraestructura, non hai nada máis".

Espazo Común reflexiona sobre a necesidade do "fomento da vida sana e o deporte, promover accións encamiñadas á súa practica en todas as franxas de idade e ofrecer cantas máis posibilidades, en todos os sentidos, mellor".

Finalmente, remarcan que "é unha necesidade imperiosa que o concello se poña a traballar e permita satisfacer a demanda e xerar actividades de ocio alternativas para a xente máis novoa". Porque "para calquera adolescente é moito máis doado meterse nun bar ou nunha casa de apostas que practicar según que deportes, e eso é xusto o que hai que evitan", subliñan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-demanda-do-concello-que-inicie-os-tramites-para-construccion-dun-novo-pavillon-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-demanda-do-concello-que-inicie-os-tramites-para-construccion-dun-novo-pavillon-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-demanda-do-concello-que-inicie-os-tramites-para-construccion-dun-novo-pavillon-de [3] whatsapp://send?text=Espazo Común demanda do concello que inicie os trámites para a construcción dun novo pavillón de deportes http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-demanda-do-concello-que-inicie-os-tramites-para-construccion-dun-novo-pavillon-de [4] http://copecarballino.es/print/57310