Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta destina ao concello de Boborás 180.000 euros para a humanización do núcleo singular de Astureses

29, Xullo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Consello da Xunta de Galicia, celebrado este 29 de xullo, autoriza a firma do convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Boborás por un valor de 180.000 euros para a humanización do núcleo singular de Astureses.

O concello de Boborás "agradece a Xunta de Galicia, e concretamente ao Vicepresidente primeiro e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia pola súa colaboración, sensibilidade, compromiso e por este convenio que sen dúbida transformará o entorno e núcleo singular de Astureses, cunha igrexa a románica a de San Xulián que conforma un dos templos do románicos máis relevantes de Galicia".

A actuación consistirá no levatamento do pavimento actual, a canalización das pluviais e a instalacións dos elementos para o posterior soterramento do cableado aéreo e logo a pavimentación con adoquín de taco de granito combinado en algunhas zonas con hormigón raiado, embecelendo se cabe ainda máis este conxunto de interese patrimonial.

Unha vez asinado o convenio, será o concello o encargado da licitación desta obra.

A alcaldesa Patrica Torres recorda que "con está xa son varias as obras de humanización que levará a cabo o grupo de goberno nos dous anos de mandato, a primeira e xa rematada a do núcleo de Boborás, e xa anunciadas e pendentes de licitación a de Xurenzás e A Vila. O Concello xa traballa para conseguir a financiación como é o caso de Moldes, e prepara proxectos para outras zonas de interese do municipio que se irán anunciando proximamente".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-destina-ao-concello-de-boboras-180000-euros-para-humanizacion-do-nucleo-singular-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-ao-concello-de-boboras-180000-euros-para-humanizacion-do-nucleo-singular-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-destina-ao-concello-de-boboras-180000-euros-para-humanizacion-do-nucleo-singular-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta destina ao concello de Boborás 180.000 euros para a humanización do núcleo singular de Astureses http://copecarballino.es/novas/xunta-destina-ao-concello-de-boboras-180000-euros-para-humanizacion-do-nucleo-singular-de [4] http://copecarballino.es/print/57338