Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Círculo de Podemos no Carballiño pídelle ao Concello un plan de ocio libre de LGTBIfobia, tras denunciar ataques homófobos entre a xuventude carballiñesa

2, Agosto 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Círculo Podemos no Carballiño vén de presentar unha proposta para traballar no desenvolvemento dos dereitos das persoas LGTBI e por unha vila libre de LGTBIfobia. Con isto pretende a implicación do conxunto de actores e veciñanza para frear a número crecente de agresións e vandalismo por motivos de LGTBIfobia.

“A loita contra a LGTBIfobia require do traballo conxunto das distintas institucións xunto a colectivos e veciñanza”, indica a enlace de feminismos do círculo, Alba González, quen continúa explicando que “por iso pedimos o respaldo da corporación a unha serie de medidas que van encamiñadas a dar unha resposta colectiva contra a LGTBIfobia”.

Esas medidas van dende o deseño dunha campaña para un ocio libre de LGTBIfobia, en colaboración coas asociacións de hostaleiros, ata a creación dun punto de información LGTBI municipal ou distintas iniciativas en colaboración cos centros de ensino posto que como sinala a enlace de feminismos, Alba González, “a educación é clave para erradicar a LGTBIfobia e máis cando falamos de que algúns destes actos violentos teñen como protagonistas a xente nova”.

Ademais, vimos de ter constancia de que entre a xuventude da vila se están a recibir ameazas nas redes sociais a certas mozos e mozas, ameazas que poñen como referente o ataque homófobo que se cobrou a vida de Samuel Luiz na Coruña, engade Manuel Nogueira voceiro local da agrupación morada, “ actitudes que son unha lacra e que repudiamos totalmente e contra as que a sociedade ten que loitar unida”.

Dende o círculo podemita poñerán en coñecemento das autoridades pertinentes as distintas capturas e mensaxes volcadas nas redes sociais das que teñen constancia, para que se actúe en consecuencia.

Finalmente, Podemos pide que a Xunta de Galicia se involucre poñendo os recursos para desenvolver de maneira axeitada a Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, que lle dea impulso ao Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para que sexa unha ferramenta eficaz e que, en diálogo cos colectivos LGTBI, redacte unha Lei Trans Galega.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-circulo-de-podemos-no-carballino-pidelle-ao-concello-un-plan-de-ocio-libre-de-lgtbifobia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-circulo-de-podemos-no-carballino-pidelle-ao-concello-un-plan-de-ocio-libre-de-lgtbifobia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-circulo-de-podemos-no-carballino-pidelle-ao-concello-un-plan-de-ocio-libre-de-lgtbifobia [3] whatsapp://send?text=O Círculo de Podemos no Carballiño pídelle ao Concello un plan de ocio libre de LGTBIfobia, tras denunciar ataques homófobos entre a xuventude carballiñesa http://copecarballino.es/novas/o-circulo-de-podemos-no-carballino-pidelle-ao-concello-un-plan-de-ocio-libre-de-lgtbifobia [4] http://copecarballino.es/print/57346