Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Policia Local disolve unha pelexa na vía pública e 5 festas ilegais no Carballiño, identificando a 30 persoas.

9, Agosto 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Policia Local do Carballiño procedeu a identificar a corenta persoas involucradas en varios incidentes, a maioria destas persoas como participantes en festas ilegais entre as 3:00 e as 5:00 horas da madrugada do pasado domingo. 

Concretamente, dúas destas festas ilegais detectaronse na parroquia de Veiga, outras dúas na parroquia de Arcos e unha no casco urbano do Carballiño. A Policia Local procedeu a disolver estas reunións festivas e identificou a unhas 30 persoas por infrinxir a lei de saúde pública de Galicia polo incumprimento da normativa para a contención da Covid-19.

Tamén na madrugada do domingo, identificou a unha persoa como presunto autor dun delito ao mobiliario público na zona do parque municipal, e xa a última hora da tarde do domingo foi requerida a intervención policial ao orixinarse unha pelexa na vía pública, concretamente na rúa Perfectivo Viétez do Carballiño.

Finalmente, o balance de actuacións da Policia Local do Carballiño desta pasada fin de semana complétase cunha denuncia e posterior intervención nun caso de violencia de xénero no municipio carballiñés.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/policia-local-disolve-unha-pelexa-na-publica-e-5-festas-ilegais-no-carballino-identificando-30

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-disolve-unha-pelexa-na-publica-e-5-festas-ilegais-no-carballino-identificando-30 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-disolve-unha-pelexa-na-publica-e-5-festas-ilegais-no-carballino-identificando-30 [3] whatsapp://send?text=A Policia Local disolve unha pelexa na vía pública e 5 festas ilegais no Carballiño, identificando a 30 persoas. http://copecarballino.es/novas/policia-local-disolve-unha-pelexa-na-publica-e-5-festas-ilegais-no-carballino-identificando-30 [4] http://copecarballino.es/print/57374