Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O alcalde do Irixo anuncia adxudicacións de obras neste concello por importe superior aos 600.000 euros

15, Agosto 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello do Irixo vai adxudicar durante este mes de Agosto varios proxectos por un importe superior aos 600.000 euros, entre os que destaca pola súa contía a segunda fase da reforma das iluminacións públicas nas localidades do municipio, unha actuación que se eleva ata os 412.000 euros.

O alcalde Manuel Cerdeira asi o anunciou no transcurso dunha alocución nesta emisora de radio, e ademáis destacou o feito que esta actuación non vai supoñer gasto algún para o concello do Irixo"dos 412.000 euros, o Ministerio para a Transición Ecolóxica apórtanos o 80% mentres que para cubrir o 20% restante contamos co compromiso da Deputación de Ourense, xa fixemos no seu dia esta mesma obra de mellora dos alumeados públicos en catro parroquias, e agora acometemos esta segunda fase que chegará ás parroquias de San Cosme de Cusanca, O Campo, A Ciudá e Parada de Labiote". Desta maneira, o rexedor municipal espera xa completar na súa totalidade a implementación da tecnoloxía LED nas iluminacións públicas nas outras catro parroquias restantes, son 12 as que ten o concello, acollendose a unha nova convocatoria de subvencións prevista para este mesmo ano.

Coa colaboración da Xunta de Galicia, o concello do Irixo adxudicará esta semana o plan  HURBE deste ano, e no que se incluíu a obra de humanización da travesía do concello, unha actuación que consistirá fundamentalmente na construcción de beirarrúas nesta travesía urbana da capitalidade municipal.

Por último, tamén de aquí a final de agosto, o alcalde irixense agarda poder adxudicar os proxectos de mellora no abastecemento de auga potable ás localidades de Fabeiros e A Eirixe, que incluirá a instalacións de depositos distribuidores para garantír o suministro de auga a estes dous núcleos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-anuncia-adxudicacions-de-obras-neste-concello-por-importe-superior-aos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-anuncia-adxudicacions-de-obras-neste-concello-por-importe-superior-aos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-anuncia-adxudicacions-de-obras-neste-concello-por-importe-superior-aos [3] whatsapp://send?text=O alcalde do Irixo anuncia adxudicacións de obras neste concello por importe superior aos 600.000 euros http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-do-irixo-anuncia-adxudicacions-de-obras-neste-concello-por-importe-superior-aos [4] http://copecarballino.es/print/57400