Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O espectáculo "Camiñantes e cantantes" de la Oca Band, actividade estelar para o 17 de Setembro, dentro do programa do San Cibrao, que ofrecerá outras actuacións musicais e infantís.

8, Setembro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A evidente mellora da situación epidemiolóxica leva ao concello do Carballiño a organización de diversas actividades que terán lugar durante a semana que ven, coincidindo cos dias de tradición festiva no Setembro carballiñés, cando se celebran cada ano as festas patronais de San Cibrán.

Precisamente para o que será o dia festivo de carácter local no municipio, o venres dia 17, terémos no Carballiño en sesión de tarde o espectáculo "Camiñantes e cantantes", da orquestra La Oca Band, un espectúculo pensado para o ano xacobeo, e no que a formación conta coa colaboración de Manuel Manquiña, Pepo Suevos, Eva Iglesias, Pili Pampín ou Lucía Pérez, entre outros artístas invitados que participan do repertorio que ofrece a orquestra.

Non será a única actividade para un San Cibrao aínda en tempos de pandemia, xa que o concello do Carballiño traballa contra reloxio para programar outros enventos compatibles coa seguridade ante o coronavirus. Asi, terémos outras actuacións musicais e outras máis espefícas para o público infantil, que se desenvolverán tamén nestes dias nos que O Carballiño recupera este ano o ambiente festivo das celebracións na honra do patrón.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-espectaculo-caminantes-e-cantantes-de-la-oca-band-actividade-estelar-para-o-17-de-setembro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-espectaculo-caminantes-e-cantantes-de-la-oca-band-actividade-estelar-para-o-17-de-setembro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-espectaculo-caminantes-e-cantantes-de-la-oca-band-actividade-estelar-para-o-17-de-setembro [3] whatsapp://send?text=O espectáculo [4] http://copecarballino.es/print/57494