Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Unión Popular de Langreo, primeiro visitante en Espiñedo na Segunda RFEF, este domingo 12 ás 12 do mediodia.

10, Setembro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Partido histórico o que se vivirá este domingo en Espiñedo, en horario condicionado polo convenio asinado polo Arenteiro coa Televisión de Galicia, que retransmitirá en directo o encontro a partir das 12 do mediodia, o visitante, un clásico do fútbol asturiano, a Unión Popular de Langreo.

Cumplénse precisamente 32 anos dende que, tamén en Segunda B, os asturianos visitaran o municipal de Espiñedo, na que fora segunda e derradeira tempada do Arenteiro a finais da década dos oitenta do século pasado militando na categoria na que agora ambos volven encontrarse, daquéla o Arenteiro vencera por 1-0 ao equipo asturiano. Duro rival este Langreo que na primeira xornada venceu no seu campo ao Bergantiños por 3-0.

Nos prolegómenos deste partido o Arenteiro recibirá o Trofeo que o acredita como campión de terceira división da tempada 2020-2021, o título histórico logrado na pasada tempada, e que lle valeu este ascenso de categoria, da que desde este domingo poden disfrutar os afeccionados verdes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/union-popular-de-langreo-primeiro-visitante-en-espinedo-na-segunda-rfef-este-domingo-12-12-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/union-popular-de-langreo-primeiro-visitante-en-espinedo-na-segunda-rfef-este-domingo-12-12-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/union-popular-de-langreo-primeiro-visitante-en-espinedo-na-segunda-rfef-este-domingo-12-12-do [3] whatsapp://send?text=A Unión Popular de Langreo, primeiro visitante en Espiñedo na Segunda RFEF, este domingo 12 ás 12 do mediodia. http://copecarballino.es/novas/union-popular-de-langreo-primeiro-visitante-en-espinedo-na-segunda-rfef-este-domingo-12-12-do [4] http://copecarballino.es/print/57505