Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O baixo nivel do caudal do río Arenteiro volve deixar sen auga a fonte do Bañiño de Arcos

1, Outubro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Son numerosos os oíntes de COPE O Carballiño que mostraron en antena o seu disgusto por unha circustancia que se repite, e de momento sen solución, dende fai unha década atrás cando o nivel de caudal do río Arenteiro chega a mínimos: a fonte minero-medicinal do Bañiño de Arcos queda sen auga.

Aínda que o número de usuarios descendeu nos últimos anos, o certo é que os usuarios tanto do Carballiño como chegados mesmo nalgúns casos dende fora da Comarca, comproban como o cano permanece seco.

O alcalde Francisco Fumega recoñeceu en declaracións a esta emisora de radio que a solución non é fácil "levamos polo menos 12 anos con este problema, é un problema de niveis, as vetas do manancial teñen fugas e escapan cando baixa o nivel do río, algo que é complicadísimo porque se facemos algo corremos o risco de perder a veta", dixo.

Estas augas minero-medicinais, moi populares entre a veciñanza carballiñesa e da comarca, están indicadas para doenzas do fígado, riñón, vexícula ou pel, clasificadas como augas frias e cunha temperatura de 18 graos, recoméndase o seu consumo en xaxúas durante sete dias consecutivos, unhos tratamentos que agora mesmo non poden facerse no Bañiño de Arcos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-baixo-nivel-do-caudal-do-rio-arenteiro-volve-deixar-sen-auga-fonte-do-banino-de-arcos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-baixo-nivel-do-caudal-do-rio-arenteiro-volve-deixar-sen-auga-fonte-do-banino-de-arcos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-baixo-nivel-do-caudal-do-rio-arenteiro-volve-deixar-sen-auga-fonte-do-banino-de-arcos [3] whatsapp://send?text=O baixo nivel do caudal do río Arenteiro volve deixar sen auga a fonte do Bañiño de Arcos http://copecarballino.es/novas/o-baixo-nivel-do-caudal-do-rio-arenteiro-volve-deixar-sen-auga-fonte-do-banino-de-arcos [4] http://copecarballino.es/print/57752