Desenrolado por coroa.es
A Asociación Amigos da Terra de Montes, que agrupa aos concellos de Beariz, Cerdedo-Cotobade e Forcarei celebrou este sábado dia 2 de Outubro a súa xuntanza anual, na que cada ano se distiguen a persoeiros relevantes desta bisbarra natural, que aínda non tendo recoñecemento administrativo e mesmo tratarse de concellos pertecentes a dúas provincias, siguen tendo unha gran interrelación cultural, social e económica.
No transcurso da xornada celebrada no auditorio cultural de Cerdedo, tivo lugar a asemblea anual de socios e no acto central da celebracion recibiron a insignia de ouro da Terra de Montes o actual director xeral de Gandaría, José Balseiros Guinarte, de Cerdedo-Cotobade; o empresario e músico José María Álvarez Sanmartín, de Forcarei, e o veciño natural de Beariz, José Fortes Muradás, que o pasado verán cumpriu 100 anos. O centenario bearicense, nacido en 1921 en Muradás, é un emigrante retornado afincado en Vigo, onde desenvolve unha gran labor solidaria e de axuda aos emigrantes retornados e colectivos desfavorecidos, ademáis de fundar un comedor infantil.
A continuación, finalizando as actividades da xornada, José Manuel Bértolo Ballesteros presentou o seu novo libro, Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes, promovido pola Asociación Amigos da Terra de Montes co apoio da Xunta de Galicia. O volume, de máis de 230 páxinas, “fundamenta e divulga a riqueza cultural dunha comarca natural tan querida por nós como é a de Terra de Montes”, indicou Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, que tamén quixo “felicitar a todos os que fixeron posible que un ano máis se publique un libro de investigación tan completo que nos axuda a coñecer un pouco máis das nosas orixes”. O libro inclúe unha presentación de José Raposeiras e un prólogo do escritor e antropólogo de Beariz, Xesús Antonio Gulías Lamas, mentres que o deseño da cuberta leva o selo do Pintor Xosé Caramés Campos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bearicense-jose-fortes-muradas-que-ven-de-cumplir-100-anos-recibe-insignia-de-ouro-da-terra
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bearicense-jose-fortes-muradas-que-ven-de-cumplir-100-anos-recibe-insignia-de-ouro-da-terra
[3] whatsapp://send?text=O bearicense José Fortes Muradás -que ven de cumplir 100 anos- recibe a insignia de ouro da Terra de Montes, en recoñecemento á súa labor solidaria. http://copecarballino.es/novas/o-bearicense-jose-fortes-muradas-que-ven-de-cumplir-100-anos-recibe-insignia-de-ouro-da-terra
[4] http://copecarballino.es/print/57773