Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta licita a concesión dunha área de servizo na autovía AG-53, a altura do concello de Maside

13, Outubro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta licita a concesión dunha área de servizo na autovía AG-53, no tramo entre o Alto de Santo Domingo e a Autovía das Rías Baixas (A-52), cuxas obras suporán un investimento de máis de 3 millóns de euros.A nova área de servizo localízase á altura do concello de Maside, dentro da parroquia de San Miguel de Armeses, no límite co concello de Punxín.

O contrato licitado hoxe inclúe a execución das obras da citada área de servizo, que contan cun prazo de 12 meses, así como a xestión das instalacións durante un período de 35 anos. As empresas interesadas neste contrato contan ata o día 22 de febreiro para presentar as súas ofertas. Segundo a intervención deseñada pola Xunta, trátase da creación dunha zona destinada á área de servizo, que se situará na marxe esquerda da autovía Dozón-Ourense, entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750. A dita área contará con acceso desde ambas as dúas marxes, para prestar servizo a ambos os dous sentidos de circulación.

Na actualidade están executados os carrís de aceleración e desaceleración da autoestrada, parte dos accesos, así como unha glorieta na marxe dereita e o paso superior que permite conectar a área coa marxe dereita. Ademais, a superficie destinada á área de servizo encóntrase sen arboredo nin vexetación na súa maior parte e conta con zonas nas que xa se levou a cabo certo grao de explanación. Características da área de servizo A futura área de servizo, que prevé a creación de 7 postos de traballos (4 a tempo completo e outros 3 con dedicacións parciais), estará constituída por unha edificación que contará no exterior con tres dispensadores de combustible, tres puntos de recarga de vehículos eléctricos de tipo carga rápida e un equipo de subministración de auga e aire para vehículos.

O edificio atenderá os servizos de abastecemento de combustible, restauración e tenda, incluíndo aseos, vestiarios para o persoal, almacén e oficina. Prevese a dotación de 30 prazas de aparcadoiro: 15 para vehículos lixeiros, 3 para o aparcadoiro e repostaxe de vehículos eléctricos, 1 praza reservada para as persoas con mobilidade reducida e 11 para camións e autobuses. Tamén se disporá unha zona de xogo e esparexemento, cun parque infantil, anexa ao edificio. As actuacións completaranse co alumeado de vías, zonas de tráfico e áreas de estacionamento da área de servizo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-concesion-dunha-area-de-servizo-na-autovia-ag-53-altura-do-concello-de-maside

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-concesion-dunha-area-de-servizo-na-autovia-ag-53-altura-do-concello-de-maside [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-licita-concesion-dunha-area-de-servizo-na-autovia-ag-53-altura-do-concello-de-maside [3] whatsapp://send?text=A Xunta licita a concesión dunha área de servizo na autovía AG-53, a altura do concello de Maside http://copecarballino.es/novas/xunta-licita-concesion-dunha-area-de-servizo-na-autovia-ag-53-altura-do-concello-de-maside [4] http://copecarballino.es/print/57907