Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Convocado o pleno extraordinario da corporación: San Amaro elixirá novo alcalde o próximo lúns dia 25

20, Outubro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello de San Amaro coñecerá o próximo lúns dia 25 ao seu novo alcalde, para ese dia, ás 12 horas, foi convocado o pleno da corporación municipal para elixir o novo rexedor, e trala renuncia presentada semanas atrás polo exalcalde socialista Rubén Gómez, que ademáis tamén formalizou a súa renuncia como concelleiro.

Precisamente, no primeiro punto da orden do dia do pleno extraordinario do próximo lúns tomará posesión a súa sustituta no grupo socialista, que será Maria Jesús Fernández González. E de seguido, procederáse á votación para a elección de novo alcalde de San Amao.

Tan so un acordo a tres bandas, entre o PSdeG-PSOE, o concelleiro de Xuntos por San Amaro Carlos Paz, e a concelleira non adscrita Sonia Ordoñez, impediría que o candidato do Partido Popular Fernando Rodríguez Redondo sexa elixido como novo alcalde, toda vez que con 4 concelleiros foi o máis votado nas eleccións municipais de 2019.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/convocado-o-pleno-extraordinario-da-corporacion-san-amaro-elixira-novo-alcalde-o-proximo-luns

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/convocado-o-pleno-extraordinario-da-corporacion-san-amaro-elixira-novo-alcalde-o-proximo-luns [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/convocado-o-pleno-extraordinario-da-corporacion-san-amaro-elixira-novo-alcalde-o-proximo-luns [3] whatsapp://send?text=Convocado o pleno extraordinario da corporación: San Amaro elixirá novo alcalde o próximo lúns dia 25 http://copecarballino.es/novas/convocado-o-pleno-extraordinario-da-corporacion-san-amaro-elixira-novo-alcalde-o-proximo-luns [4] http://copecarballino.es/print/57993