Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello destaca a implicación do IES Chamoso Lamas, e das empresas GRI Towers e Dizmar para a posta en marcha da FP dual de soldadura no Carballiño

21, Outubro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A finais do mes pasado botaba a andar o ciclo de FP Dual de Soldadura e Calderería do Instituto Chamoso Lamas nas instalacións de Dizmar, empresa ubicada no polígono industrial do Carballiño, que conta con varios centos de traballadores e proxectos internacionais na súa carteira, que decidiu ceder o espazo e a maquinaria necesaria para que puidera arrincar este ano a formación. Dende a mesma, o seu responsable Carlos Rivas, que tamén foi o promotor do ciclo de formación profesional na vila, destaca a boa acollida que tivo ao cubrirse a totalidade das prazas ofertadas e a importancia que vai ter na formación do alumnado e na creación de man de obra especializada para as empresas do sector do Carballiño.

De feito, as prácticas xa están garantidas polas dúas maiores empresas do polígono do Carballiño , Dizmar e Gri Towers. Na primeira valoración logo do comezo do curso, o responsable de Dizmar tamén salienta a calidade do profesorado que, sen dúbida, será un valor importantísimo para o futuro deste ciclo que para o ano xa pasará ás instalacións do Instituto Chamoso Lamas que, na actualidade, está a acometer as ampliacións e adaptacións necesarias para que o próximo curso xa se desenvolvan alí as clases.

Dende o Concello do Carballiño, o Concelleiro de Emprego José Manuel Dacal, agradece a implicación das empresas que, dende o primeiro minuto, se comprometeron a acoller ó alumnado e tamén ó Instituto Chamoso Lamas e a Consellería de Educación por ser parte fundamental nesta nova experiencia, única na provincia de Ourense. O concelleiro recorda a importancia que vai ter na empregabilidade da veciñanza da comarca,en satisfacer as necesidades das empresas instaladas no polígono e , tamén destaca, que vai supor un valor engadido para o asentamento de novas empresas logo da ampliación do polígono industrial.

Pola súa parte, a dirección do IES Manuel Chamoso Lamas agradece o apoio do Concello do Carballiño e das empresas implicadas neste proceso, GRI Towers Galicia e Dizmar, fundamentalmente a esta última por ceder as instalacións para que o curso puidera comezar con normalidade, mentras a consellería realiza as obras necesarias para para poder impartir a parte práctica do ciclo. Tamén salientan que este novo ciclo, xunto coa extensa oferta educativa , fan do instituto un referente a nivel provincial.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-destaca-implicacion-do-ies-chamoso-lamas-e-das-empresas-gri-towers-e-dizmar-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-destaca-implicacion-do-ies-chamoso-lamas-e-das-empresas-gri-towers-e-dizmar-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-destaca-implicacion-do-ies-chamoso-lamas-e-das-empresas-gri-towers-e-dizmar-para [3] whatsapp://send?text=O concello destaca a implicación do IES Chamoso Lamas, e das empresas GRI Towers e Dizmar para a posta en marcha da FP dual de soldadura no Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-concello-destaca-implicacion-do-ies-chamoso-lamas-e-das-empresas-gri-towers-e-dizmar-para [4] http://copecarballino.es/print/58013